Login Form



Translator



concepto alma PDF Print E-mail
xeral - A caverna de Platón
Estamos dentro da caverna. Temos suxeitas pernas e pescozo. Podemos soamente ver os obxectos que temos en fronte. Que é o que vemos? Sombras. Por que sombras? Ante todo porque son o producto dunha manipulación e un engano, son producto dunha máquina de ilusións que é en si mesma a caverna, o seu montaxe, alí onde nacemos e permanecemos dende a infancia... O pensamento está repleto, enchido, non ten capacidade para saírse do dominio que se lle impón, saturado de imaxes que se lle proxectan, de fronte, queda impreso, marcado, atado, encadeado, mecanizado coa crueldade dun único espectáculo...

Mais hai outra realidade, un tránsito a un afora, outro xeito de comprender as cousas. Trátase de comprender que as cousas son algo máis que unha silueta plana, comprender a perspectiva, que nós somos un punto de interpretación, comprender cómo, doutro xeito, permanecemos escravos, engaiolados, encavernados, o noso pensamento afoga, sen espacio nin tempo, asfíxiase sen mesmedade onde respirar e adquirir un punto de vista novo sobre as cousas.

Na gravación o preso mírase as mans no instante de liberación porque nelas atopa un novo plano onde descargar a presión á que leva sometido toda a vida (dende a infancia). A imposición dunha perspectiva frontal impídenos adquirir o punto de vista que é o alma: ese espacio interior, íntimo, de resonancia, o recordo doutro mundo, do mundo intelixible, onde as cousas se dimensionan, adquiren a súa verdade, a perspectiva que as prolonga, ata as súas fontes, ata a súa causa, deixase ver a claridade do seu principio, da súa physis. Ao liberar a cabeza e movela, saímos da esixencia mecánica da caverna que nos mantén a conciencia engaiolada no estado de soño perpetuo e velamento.
 

Newsflash